Pascuais Eventos, a delicia de celebrar nun lugar idílico

Propóñolle un xogo ao lector. Peche os ollos e imaxine unha casa de pedra, onde a mistura entre o moderno e o antigo é o leitmotiv que une todas as estancias, envolta en grandes bosques, co río ben pretiño, un lugar para que os nenos xoguen, e con mesas cheas de deliciosos manxares. Non é difícil, verdade?

Agora, tócame dar envexa: eu estiven aí. Eso é Pascuais Eventos, un lugar único e idílico onde calquera pode celebrar o seu día rodeado dos seus. Ese é o proxecto de Diego López (Bulló Xantar en Lugo) e Iñaki Bretal (Eirado de Leña en Pontevedra), dous exitosos e reputados cociñeiros que uniron forzas para recuperar o Lugar de Pascuais, unha vella casa rural situada no Concello de Outeiro de Rei e que agora só abrirá para bodas, bautizos, congresos, ou eventos de todo tipo e baixo reserva.

A pasada fin de semana abriron as portas de Pascuais Eventos nun acto de inauguración para o que despregaron as súas mellores armas: os mellores ingredientes e a mellor cociña; polbo, mesa de queixos, marisco, foie, salmón, e ata unha exhibición de cociña espectacular: atún en augardente. Todo perfecto para demostrar aos clientes todo o que ten que ofrecer este marabilloso enclave.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com