O PP reproba en solitario ao Presidente da Deputación

O Grupo Provincial do PP reprobou hoxe, coas abstencións do BNG e do deputado Manuel Martínez e os votos en contra do PSOE, ao presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, ao que lle pide que cambie a súa actitude ante o que está a pasar no seu Goberno e asuma unha maior implicación coa  institución que preside. “Presidente, céntrese na Deputación, deixe de dar espectáculos, respecte as minorías e, cun ánimo construtivo, pedímoslle que cambie de actitude”. Censuran o vitimismo do mandatario cando puido sacar adiante os Orzamentos e tivo todo o apoio “da oposición máis construtiva que tivo a institución ao longo da súa historia”.

O popular Carlos Armesto explicou que, cada vez máis, o habitual na Deputación “é ver un esperpento, un desorden no que o presidente é incapaz de coordinar este pleno, no que as faltas de respecto son continuas e constantes”. “Se hai unha reprobación merecida, xusta e necesaria é a da actitude deste presidente e deste equipo de goberno que roza o esperpento e o ilegal ao machacar os dereitos da oposición e dos que aínda son compañeiros seus e do seu vicepresidente ata hai uns días”.

“Non é agradable, a peor situación que lle pode pasar é verse reprobado pola institución que preside e debera dirixir, pero iso xa non o fai. Cada pleno hai novidades, dun tema normal que se podería debater fan un circo e esa é a imaxe que dan. Incluso nos medios nacionais vemos ese circo e nunca pensamos que alguén podería facer bo a Besteiro, pero xa o conseguiu nos primeiros meses. A realidade o demostra”. “Con reprobar, apuntou, queremos dicir criticar enerxicamente a actitude dunha persoa. É una institución seria e quen fai esta proposta é o PP, pero poden preguntarlle aos medios e á poboación e farían o mesmo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com