Afundación achega a figura de María Victoria Moreno aos máis pequenos

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta un programa de conta contos dedicado á homenaxeada deste ano, María Victoria Moreno, que se desenvolverá en todas as súas sedes de Galicia. A través de poemas musicados, teatro, contos e bailes, os nenos e nenas de entre 4 e 8 anos e as súas familias poderán coñecer quen foi María Victoria Moreno e as súas obras máis representativas dun xeito lúdico.

O grupo «Os Piñeiriños» será o encargado de dar vida a estas historias o 12 de maio, ás 12.00 h, na Sede Afundación de Lugo. As entradas para participar están dispoñibles na web ataquilla.com.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com