O Concello impulsa o Hockey Liña Feminino a través da II Copa Princesa

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, xunto ao Presidente do Comité Nacional de Hockey Liña, Xavier Chao, o Presidente da Federación Galega de Patinaxe, Vicente Torres, a Vicepresidenta do Club de Hockey Liña Meigas, Helena Méndez e a adestradora das categorías inferiores, María López, acompañados doutras autoridades, presentaron este mércores, no Salón de Plenos do Concello, a segunda edición da Copa Princesa Hockey Liña Feminino que terá lugar este sábado e domingo no Polideportivo Municipal Daniel Cordido.

Miguel Fernández destacou que “dende o Concello de Lugo e o Club de Hockey Liña Meigas, pioneiro deste deporte na cidade de Lugo, organizamos a Copa Princesa co fin de dar unha maior visibilidade e afianzamento desta disciplina que se atopa en auxe e continúa a medrar na nosa cidade”.

A Copa Princesa reunirá a cinco equipos da Liga Oro Feminina chegados de diferentes puntos da península, dous de eles lucenses e desenvolverase ao longo das xornadas do 28 e 29 de abril, nas que se disputarán os seguintes partidos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com