A Deputación dá formación sobre a responsabilidade patrimonial aos Concellos

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos e o Director da Fundación Democracia e Goberno Local, Ramón Camp i Batalla, inauguraron hoxe no Pazo de San Marcos, a Xornada sobre Responsabilidade patrimonial e dereito sancionador, que organiza o Goberno da Deputación, e na que participan catedráticos, xuristas e profesores expertos na materia.

Santos Ramos remarcou na presentación do encontro “o compromiso do Goberno da Deputación na formación dos traballadores das entidades locais. Esta xornada contribúe a mellorar os coñecementos xurídicos respecto da responsabilidade patrimonial dos Concellos, e ademais, aquí, nesta cita que celebramos hoxe, poden valorarse exemplos de casos e situacións concretas, co fin de cumprir a normativa e poder realizar o procedemento axeitado”.

“Este tipo de iniciativas son fundamentais, xa que a formación contribúe a que realicemos as nosas tarefas dunha maneira máis xusta, e ao mesmo tempo sexamos máis eficientes nas nosas responsabilidades, sexan políticas ou xurídicas”, explicou o Deputado. Nesta edición, participan o Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de León, Tomas Quintana, e a Directora Servizos Xurídicos da Deputación de Barcelona, Susana Martínez Novella, ademais de profesores de universidade expertos na materia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com