ACE-EU denuncia a “desidia” do goberno local no mantemento das sinalizacións

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida chama a atención sobre a “permanente desidia do goberno local no mantemento da sinalización horizontal”, con casos especialmente sensibles para a seguridade viaria, como o sinal da Rúa Montevideo, no recinto histórico, que debería marcar zona 30 por atoparse en zona escolar e sanitaria (situada entre o IES Xoán Montes e o Hospital Nosa Señora dos Ollos Grandes), que leva sen ser repintado todo o mandato da alcaldesa.

“Resulta irónico presumir de ser un goberno á vangarda da peonalización e o tráfico calmado e non cumprir os mínimos requisitos para a seguridade dos viandantes”, salienta Carlos Portomeñe, voceiro de ACEEU.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com