O goberno local saca adiante en solitario 2M€ de facturas con reparos de legalidade

Xornada de pleno no Concello de Lugo e xornada que repite arranque. O goberno socialista volveu a levar á esta sesión 19 facturas con reparos de legalidade. A pesar de reiterarse no discurso de que están avanzando na renovación das contratacións dos principais servizos municipais, o certo é que, no que vai de 2018, o concello xa supera os 5 millóns de euros en pagos con reparo de legalidade e dobra o Periodo Medio de Pago a proveedores establecido por lei nos 60 días.

Hoxe sacaron adiante preto de 2 millóns de euros, cos únicos votos a favor dos socialistas, a través de 20 recoñecementos extraxudiciais de crédito, procedemento que, se supón, extraordinario. Desta volta e co fin de non repetir discurso, a titular de economía no goberno local, lembrou á oposición, que concellos onde eles gobernan tamen manteñen contratos caducados. 

Estas comparacions non gustaron a unha oposición que non dubidou en lembrar o mal facer do goberno socialista. “Non nos importa quen o fai mal noutros concellos, nós queremos un goberno que sexa capaz de liderar con responsabilidade e dentro da legalidade os asuntos que afectan á nosa cidade”, respondía a voceira de Cidadáns, Olga Louzao. Na mesma liña falaron o resto de portavoces.

A pesares de absterse nas votacións todos os grupos agás Cidadáns, que votou en contra de varias delas, os voceiros quixeron facer un chamamento ás empresas lucenses para que non confíen no Concello de Lugo.  Así Antonio Ameijide pediu aos empresarios que “teñan coidado con quen contratan” especificando que, posiblemente nalgún futuro, os populares deixen de absterse nestas votacións e comecen a votar en contra e, a vanzando que “non nos temblará a man para pór en mans da xustiza os informes que acreditan que vostedes teñen, dende fai anos, contratos caducados porque non hai decisión nin vontade política”.

Como explicamos con anterioridade, Cidadáns foi o único grupo que dixo non a algún dos recoñecementos; antes de entrar ao Pleno, Olga Louzao avanzaba o porque desta decisión. “Non compartimos esta forma de proceder, que non vamos a ser cómplices e polo tanto, están máis que avisados e advertidos de que esta situación é insostible e os procedementos e a lei están para cumprir e para facelo ben. Esta é a súa labor, non a nosa”, concluía Louzao.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com