O PP acusa de “irresponsable” ao goberno por poñer prezo á seguridade da cidadanía

O Partido Popular lamenta “a irresponsabilidade” dos socialistas que hoxe votaron, no pleno, en contra “da revisión, do obsoleto, Plan de Emerxencia Municipal que leva 11 anos sen actualizar e que utiliza unha cartografía anticuada e borra do mapa novas infraestructuras e barrios completos”.

Para os populares esta decisión, que o PSOE intenta xustificar aludindo ao seu custe económico “non é de recibo” matizando que “co seu voto en contra queda retratada a súa despreocupación á hora de planificar as accións en casos de risco non noso municipio”. O concelleiro popular, Enrique Rozas, asegura que “sempre hai de onde sacar, e iso por non falar do superávit do que tanto presumen unha e outra vez”.

O popular concluiu en que “é moi grave o feito de que os socialistas antepoñan o custe económico de revisar este Plan de Emerxencia á seguridade dos lucenses”.

Outras mocións

O PP lamentou, ademáis, que a corporación rexeitase elaborar un plan de comunicación interna para mellorar o funcionamento do Concello tal e como solicitaban cunha das súas proposicións plenarias. Os populares opinan que co voto en contra de PSOE e BNG “se deu a espalda a unha boa ferramenta para manter aos empregados permanentemente informados involucrándoos na resolución dos problemas, do día a día, do Concello”. O voceiro da agrupación, Antonio Ameijide lamenta que “a alcaldesa insista en pechar os ollos e rexeite de plano unha nova oportunidade de mellorar a relación cos traballadores”.

Os concelleiros populares, asemade, forzaron á alcaldesa a convocar unha xunta de voceiros para tratar aspectos relativos á nova lei europea de protección de datos que será aplicable a partir do 25 de maio.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com