250 rapaces participarán no I Memorial Carlos Pérez Castelao na Fonsagrada

O Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Economía e o de Deportes da Fonsagrada, José Ángel Fernández Carrín e Carlos López López, e o Presidente do Fútbol Club Fonsagrada, Silván Palmeiro presentaron esta mañá o I Torneo Memorial Carlos Pérez Castelao de fútbol 8, que se celebrará o vindeiro luns, 1 de maio no Campo Municipal Gómez Besteiro da Fonsagrada.

O Goberno da Deputación e do Concello da Montaña Lucense son os principais patrocinadores deste evento deportivo cunha achega económica de 3.000 euros. Fernández Queipo subliñou que “o torneo reunirá a 250 participantes pertencentes a 18 equipos de toda a provincia, dende categoría prebenxamín, benxamín e alevín. Decidimos dedicarlle esta primeira edición á memoria dun xogador de fútbol do Fonsagrada FC, que loitou moito por este equipo de fútbol e que faleceu recentemente dunha grave enfermidade”.

Rivera Capón destacou que “dende o Goberno da Deputación somos conscientes da importancia de que as institucións públicas apoiemos e fomentemos o deporte base lucense para que este continúe medrando, e entre todos, no futuro, academos grandes éxitos para a nosa provincia. Por iso, colaboramos coa celebración deste tipo de iniciativas que traballan en favor dos máis novos, inculcando valores tan importantes como o esforzo, o compañeirismo e a solidariedade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com