Un informe indica que a retirada de xestión das residencias a Suplusa non se axusta a dereito

O presidente de Suplusa, Manuel Martínez, vén de anunciar que un gabinete de abogados independente da Deputación acaba de remitir á sociedade urbanística un informe no que afirman que o acordo da Xunta de Goberno Provincial de retirarlle a encomenda de xestión das residencias da terceira idade a Suplusa non se axusta a dereito.

Ante esta nova información na trama das residencias, Manuel Martínez afirmou que Suplusa ten, agora, dúas opcións. A primeira pasa por solicitar dende o Consello de Administración da Sociedade un pleno extraordinario para que a Deputación someta, de novo, este acordo a un procedemento de revisión de oficio e, a segunda, ir aos xulgados e iniciar un proceso contencioso administrativo. O alcalde de Becerreá chamou ao “sentido común” e á “coherencia cos informes” e espera que o goberno provincial socialista decida facer caso aos dous acordos plenarios que lle dan a encomenda a Suplusa e deixe de facer, dixo Martínez, “políticas dictatoriais”.

Noutro eido, Martínez explicou tamén que os informes detallan que a entidade urbanística, ao contrario que a Deputación, pode contratar tanto persoal fixo como temporal. O becerrense cualificou de “curioso” o feito de que, desde o goberno provincial, se anuncie que se vai a falar con “empresas” para que contraten ao persoal elixido nos procesos de selección de Suplusa para formar parte da plantilla das Residencias, “cando di que non vai a privatizar as residencias” e, aclarou, que “eu non sei como legalmente pode facelo pero dadas as artimañas xurídicas que se montan na Deputación últimamente, poden facelo saltándose, imaxino, a legalidade”. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com