Esta tarde a Plataforma Feminista de Lugo convocou unha concentración ás 20.30 horas diante da Casa Consistorial de Lugo como protesta contra a sentenza recentemente coñecida hacia o grupo de homes denominado “La Manada” que agrediron sexualmente a unha moza nos San Fermíns de 2016 en Navarra.
A Plataforma considerou que para elas trátase dunha “agresión sexual” tipificada como tal nos artígos 178,179 e 180 do Código Penal. A sentenza pide 9 anos de cárcere por “abuso sexual continuado” e non o considera violación.