A Deputación contribúe a promocionar as Xornadas de Expomar en Burela

A Deputada de Economía e Facenda, Mayra García Bermudez, presentou esta mañá, xunto con outras autoridades, no Salón de Plenos do Concello de Burela, a XXV Edición das Xornadas Expomar, que se celebrarán os días 3 e 4 de maio na Confraría de Pescadores “San Juan Bautista” da localidade, e que promociona o Executivo Provincial cunha achega de 5.000 euros. Esta cita xa se converteu nun referente nacional e internacional na promoción e o desenvolvemento do sector náutico-pesqueiro.

“Esta xornada é fundamental para o sector, xa que por un lado cumpre coa súa permanente defensa e promoción do sector pesqueiro, e, por outro, converte á Mariña Lucense, concretamente a Burela, na capital da pesca a nivel nacional e internacional. Ademais, este ano EXPOMAR cumpre 25 anos, por iso a organización ten previsto unha conmemoración especial cunha cea de confraternización”, sinalou a Deputada.

Os temas que se analizarán nestas xornadas son a política pesqueira, a obrigación de desembarque, o brexit ou a substitución xeneracional. Ademais haberá charlas centradas na comercialización e consumo abertas a todo o publico en xeral, nas que participaran expertos en materias como nutrición, comercio ou seguridade alimentaria.

Garcia Bermúdez lembrou na súa intervención “que a semana pasada, precisamente aquí en Burela, o Goberno da Deputación asinou un convenio por valor de 40.000 euros coa Asociación de Traballadores Autónomos do Transporte, o Mar e as Comunicacións de Galicia (UNIATRMAC) para ofrecer formación gratuíta a 15 redeiras para que poidan obter o certificado de profesionalidade”.

A Deputada explicou que “dende o Goberno da Deputación somos conscientes da importancia do sector pesqueiro para a Mariña , xa que na Comarca o sector da pesca xera entre 5.000 e 6.000 postos de traballo, tanto directos como indirectos, unhas cifras que falan por si mesmas. Por iso non podemos nin debemos deixar pasar esta oportunidade para xerar riqueza, crear emprego e impulsar a nosa economía”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com