A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR ) voltará o próximo mércores día 2 de maio ao Hospital da Costa , de 11 a 13 horas, en lugar do martes que lle correspondería por ser ese día festivo. A mesa informativa colocarase na entrada do Hospital cos obxectivos de aclarar calquera tipo de dúbidas a profesionais e usuarios sobre derivacións, tempos de agarda , así como tamén ofrecerase para redactar reclamacións e para presentalas no rexistro.
Desde a Platafoma Sanitaria animamos ás veciñas e veciños da Comarca para que se acheguen ate alí e contacten con nós se queren consultar e aclarar dúbidas, informarse ou reclamar.