O Pazo de San Marcos acolleu este sábado a festa do breoganismo coa recepción por parte do Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e da Alcaldesa de Lugo aos xogadores e corpo técnico do CB Breogán. No acto tamén participaron o Presidente do club, Suso Lázare Rincón; o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos; o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón; e o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, así como centos de afeccionados celestes.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.