Afundación+60 Monforte organiza unha recollida solidaria de alimentos

Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración con Cáritas, puxo en marcha unha campaña solidaria de recollida de alimentos no seu Espazo +60 de Monforte de Lemos (Cardeal Rodrigo de Castro, 18). Durante todo o mes de maio, os socios do centro recollerán as doazóns de galletas, cereais, leite ou cacao en po, destinadas aos almorzos e merendas dos nenos e nenas de familias en risco de exclusión social. Con esta iniciativa preténdese paliar o problema que supón para moitas familias o peche dos comedores escolares durante as vacacións.

A iniciativa enmárcase na oferta de actividades da área de Envellecemento Activo de Afundación, a Obra Social de ABANCA, que permite ás persoas participantes atopar nesta etapa vital novas oportunidades de crecer persoalmente, de seguir formándose, en contacto cos temas emerxentes e achegando activamente á sociedade, á vez que se goza de boa saúde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com