Un cento de xubilados volveuse a reunir hoxe ás 12 do mediodía diante do Concello de Lugo nunha concentración que percorrería as principais vías do centro da cidade para rematar, de novo, diante da Casa Consistorial. As nubes non foron freo suficiente para que a Asociación de Xubilados Españois en Lugo (AJE Lugo) saira un luns máis a loitar polo que consideran os seus dereitos: unhas pensións dignas cunha suba que repercuta en máis dun 0.25% pois iso, non lles é suficiente.
Ás baixas pensións únese os recortes en Sanidade pois, segundo explicou AJE Lugo, moitos dos alí presentes teñen dificultades para acceder a certa medicación ou tratamento especialista.
E se hoxe foi o turno dos xubilados mañá, como xa é tradicional, será o turno dos traballadores. CC.OO e UXT fan un chamamento á cidadanía a manifestarse como cada primeiro de maio contra a crecente precariedade e desigualdade laboral A concentración terá saída ás 12:30 do mediodía dende o edificio sindical, percorrendo varías rúas da cidade e rematando coa lectura dun manifesto diante da Subdelegación do Goberno.