A Pobra de Brollón lista para a XXVII Feira do Viño de Vilachá

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde da Pobra de Brollón, José Luis Maceda Vilariño, e o Concelleiro de Cultura da Pobra de Brollón, Ricardo Rodicio González, presentaron este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a XXVII Feira do Viño de Vilachá, que terá lugar os días 5 e 6 de maio na parroquia do municipio. Os Gobernos Provincial e Municipal destinan este ano 8.500 euros á celebración da cita gastronómica dentro da súa aposta conxunta por impulsar e promocionar os produtos autóctonos e de calidade do sur da provincia.

Vidal Baamonde subliñou que “esta achega económica enmárcase nas colaboracións que vimos mantendo dende o Executivo da Deputación cos diferentes Concellos e entidades que desenvolven Feiras do viño no sur da provincia, como é o caso da Pobra de Brollón, dentro da nosa aposta por poñer en valor e dar a coñecer a calidade do viño da Ribeira Sacra. Neste eido é fundamental a implicación e o traballo de todos os veciños da parroquia de Vilachá, para que, por vixésimo segundo ano consecutivo, poidamos contar con esta feira que reúne a máis de 1.500 persoas durante a fin de semana”.

O Deputado de Turismo destacou que “con esta Feira potenciamos e impulsamos o crecemento dun sector tan importante para a provincia como o vitivinícola, na procura dun modelo máis competitivo e rendible, así como a economía e a vida na vila desta zona da Ribeira Sacra”.

Pola súa parte o Alcalde da Pobra de Brollón agradeceu a colaboración do organismo provincial con este evento “que é xa toda unha referencia non só para o Concello, senón para toda a comarca, o que amosa o claro compromiso da Deputación coa promoción do turismo e da gastronomía, pois a feira é o escaparate principal para dar a coñecer a calidade dos viños desta pequena zona da Ribeira Sacra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com