Lugonovo achega ao barrio da Residencia as xornadas Urbes Habitables

A agrupación política Lugonovo continúa a levar a cabo ás súas xornadas sobre Urbes Habitables nas que expertos e veciños analizan os barrios da cidade. Mañá será o turno do barrio da Residencia no que se tratará de achegar experiencias e visións sobre o barrio. A pregunta a responder, nesta nova xornada que se desenrolará nas oficinas da Caixa Rural dende as 11 da mañá , será como conseguir un barrio máis habitable e cómodo. 

Desde as 11 da mañá do sábado 5 daranse cita no local de Caixa Rural Galega da rúa Doutor Ochoa veciñanza, persoas expertas en urbanismo e servizos sociais e representantes públicas para tratar de achegar posturas e cristalizar ideas. Será a terceira edición das xornadas Urbes Habitables de Lugonovo, logo da Tinería e da Milagrosa. Os arquitectos Jorge Gómez Cereijo e Manuel López Guitar, a traballadora social Marisé Fernández Méndez, o médico Bernardino Pardo Teijeiro, os veciños Veli Sánchez Freire e Rafael Fernández Ferreiro e os portavoces de Lugonovo Cristina Pérez Herraiz e En Marea Luís Villares conforman o cartel dunha xornada que aspira a deixar pegada na forma de concibir o futuro do barrio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com