Conferencia sobre a cultura castrexa en Burela

MariñaPatrimonio e ACIA Burela, coa colaboración do Concello de Burela, organizan mañá a conferencia sobre a cultura castrexa, que contará coa intervención do arqueólogo Eduardo Ramíl Rego, director do Museo Arqueolóxico de Vilalba.

Con este acto, pensado como anticipo á cuarta edición da Festa Castrexa que se celebrará no mes de xullo, preténdese facilitar ao público información sobre os costumes e aparencia dos castrexos, para que participantes, membros dos clans e todo aquel que queira achegarse, conten con datos e detalles da man dun experto, que se centrará de maneira especial na indumentaria dos homes e mulleres que habitaban os castros.

A conferencia terá lugar mañá ás oito e media da tarde na Sala de Conferencias (antiga biblioteca) de Burela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com