Mellora do acceso a explanada do peirao en Ribadeo

A Consellería do Mar da Xunta, a través de Portos de Galicia, ten prevista a mellora da seguridade viaria no acceso e a explanada do peirao de Mirasol, no municipio lugués de Ribadeo. Así o comunicou o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha recente visita á zona.

 Durán Hermida explicou que o organismo portuario executará a pavimentación do firme tanto na zona de acceso ao peirao comercial, no treito previo ás barreiras de seguridade, como ao longo de toda a explanada de acopio e zona de carga de mercadorías, sobre todo celulosa. Deste xeito eliminaranse as fendas e pozas existentes, produto do tránsito pesado que circula a diario por este entorno.

 En concreto, os traballos consistirán no fresado da capa de base e posterior afirmado cunha capa de mestura en quente. Para efectuar dita obra será necesario desmontar as barreiras de acceso ao Código PBIP (código de seguridade internacional dos portos comerciais) e levantar os rexistros do saneamento ata a nova cota de rasante.

 Portos de Galicia ten previsto o inicio dos traballos para o vindeiro mes de xuño, coincidindo coa baixada da intensidade de traballo no porto e concretamente na explanada. O ente público investirá nesta actuación un total de 60.000 euros.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com