3.000 estudantes lucenses participan no Correlingua 2018

A Deputada de Cultura presentou hoxe no Pazo de San Marcos o Correlingua 2018, que este ano arrancará baixo o lema A lingua non para, un evento de promoción do uso do galego dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato menor de 20 anos, que se celebra nos centros educativos de toda Galicia. En total, mobilizará no mes de maio a preto de 3.000 estudantes da provincia de Lugo, dun total de 56 centros educativos, no que se inclúen tamén 2 de Ourense.

Esta actividade conta cunha achega de 15.000 euros do Goberno provincial. No acto, a Deputada estivo acompañada polas titulares de Cultura nos concellos de Lugo e Monforte de Lemos e o Coordinador do Correlingua na Comarca de Lugo, Manuel Muñiz Besteiro.

A Deputada remarcou que “con esta iniciativa seguimos traballando e sumando esforzos en prol da nosa lingua, como elemento imprescindible e reivindicativo da nosa cultura e da nosa historia” e avanzou “que a Praza de Santa María acollerá en Lugo esta carreira o día 9 de maio, e a Praza da Catedral de Mondoñedo será o escenario das actividades o día 10, e, por último, o día 14 de maio no Parque dos Condes de Monforte de Lemos  celebrarase esta nova edición do Correlingua”.ç

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com