O CD Lugo reúnese con representantes dos concellos da Mariña Occidental

O CD Lugo segue apostando forte pola súa presenza en toda provincia de Lugo e por ese motivo celebrou hoxe unha
reunión de traballo na comarca da Mariña Occidental. Ao encontro, que se celebrou no restaurante Louzao de Viveiro, asistiron dona Maria Loureiro, alcaldesa de Viveiro, don Demeterio Salguiero, alcalde de Xove, don Luis Pajón, alcalde de Ourol e don José Ramón Soto, concelleiro de deportes de Cervo. Tino Saqués, presidente do CD Lugo, e Carmen Mier, responsable de Marca foron os representantes do clube nesta xuntanza que forma parte do programa A Nosa Terra, Os Nosos Nenos.

Esta iniciaiva, que retomou a actividade as semanas pasadas na comarca da Ulloa, ten como obxectivo facer partícipe a tódolos concellos, comarca por comarca, do proxecto deportivo do club. Con esta proposta o CD Lugo quere facer chegar a súa intención de pertencer a todos e todas, que cada lucense sinta como súas as cores albivermellas.

AO igual que sucedeu a semana pasada en Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei, este grupo de traballo é o primeiro paso dunha colaboración cos concellos que máis adiante pode materializarse na visita dos xogadores do CD Lugo ás escolas da comarca, así como a posibilidade de levar a cabo un adestramento na mesma.

Mediante esta iniciativa o CD Lugo continúa a amosar a súa aposta por achegarse a cada recuncho da provincia de Lugo e lograr así que Lugo sinta as cores e ao CD Lugo como algo propio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com