Lugo cantaralle ás Letras Galegas no paseo literario da cidade

Lugo cantaralle ás Letras Galegas. Así o vén de anunciar a titular de Cultura no Concello acompañada por representantes dalgunhas das agrupacións corais e orfeóns que ofrecerán un concerto o propio 17 de maio, nun acto que tivo lugar no patio central do Vello Cárcere.

Durante a presentación, a edil enxalzou a figura de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018; escritora, mestra, loitadora, artista e defensora da lingua, ademais de pioneira da literatura infantil e xuvenil en lingua galega. A edil defininiu a Victoria, que naceu en Extremadura e chegou a Galicia cando xa tiña 22 anos, como exemplo de que “cando se quere, se pode; cando se quere se pode falar en galego, ensinar o galego, amar o galego; en definitiva, respetar a nosa lingua, que non deixa de ser a nosa forma de identidade como galegos e como galegas”.

Así mesmo, a Concelleira tamén amosou o orgullo de que as Letras Galegas se dediquen a unha muller, a cuarta homenaxeada dende a creación da celebración desta data, en torno a Rosalía de Castro; e reivindicou o espazo das escritoras na Real Academia Galega.

Pola súa banda, as corais e orfeóns participantes agradeceron ao Concello que contaran con eles para este acto que homenaxea á literatura galega. Este é a segunda vez que se celebra esta actuación, que arrincará ás 17:00 horas, e recorrerá a rúa Bispo Aguirre e a Praza Maior, seguindo o paseo literario que existe nestes espazos. Actuarán 9 agrupaciósn: a Coral Asociación Amigos do Camiño de Santiago, Cantar Delas, Coral Ecos do Miño Astelu, Coral Polifónica Hospital Xeral, Conxunto Vogal Lugh, Grupo Vocal Solo Voces, Orfeón Lucense, Orfeón Xoán Montes e Coral Xolda. Terá unha duración de 90 minutos e no caso de choiva trasladaranse a actuación ao Vello Cárcere. Contará co xornalista Paco Nieto como presentador do concerto e seis comisionados para a organización.

Máis oferta cultural

Un ciclón de actividades culturais e lúdicas para todos os públicos deixarase notar esta semana en Lugo, ben sexa organizadas ou promovidas polo Concello. Disto deu conta a titular de cultura no Concello de Lugo, quen convidou á veciñanza a participar nalgunha das alternativas preparadas para esta fin de semana, que van dende a maxia a andainas, pasando por conferencias, exposicións, obradoiros, teatro ou cine.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com