O CD Lugo lanza unha campaña para a actualización dos datos dos seus socios

O Club Deportivo Lugo pon en marcha a campaña ‘Familia Albivermella, actualízate!’‘ coa que busca actualizar os datos dos seus abonados. O club pretende poñer ao día os datos dos seus socios para facilitar a interacción e a comunicación con eles.

Desta maneira, busca ofrecer mellores servizos que redunden en beneficio da masa social albivermella. Entre todos os que participen nesta campaña de actualización realizaranse diferentes sorteos e optarán a premios como: abonos para a tempada 2018-2019, camisetas asinadas polos xogadores do primeiro equipo, experiencia premium no Estadio Anxo Carro e entradas para o partido #LugoAlmería.

O prazo para participar na campaña poñerase en marcha desde hoxe mércores 9 ata o vindeiro xoves día 31 de maio no enlace: www.cdlugo.com/area-social/actualizaciondatos

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com