O Goberno local da os primeiros pasos na execución de orzamentos

O Goberno de Lugo comezou hoxe a materializar os orzamentos do 2018, 20 días despois da súa aprobación definitiva, cumprindo cunha gran demanda veciñal. Deste xeito, a Xunta de Goberno celebrada esta mañá aprobou o inicio do procedemento para a contratación das obras de construción do ascensor público de Fontiñas, un proxecto que conta cun investimento de 255.398,27 euros e un prazo de execución de 4 meses.

De feito, na sesión deste mércores deuse luz verde aos pregos que rexerán a adxudicación dos traballos. O prazo de presentación de ofertas é de 20 días naturais dende a súa publicación no Perfil do Contratante. A Alcaldesa achegouse esta mañá ao barrio, acompañada do Voceiro Municipal e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas para dar conta do inicio da contratación desta actuación de mobilidade e accesibilidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com