López Orozco reúnese cos veciños de Fingoi para escoitar as súas propostas

José López Orozco, acompañado de concelleiros do Grupo Municipal Socialista e de candidatos da lista electoral para as próximas eleccións municipais, mantivo na tarde de onte unha xuntanza cos veciños do barrio de Fingoi.

A reunión enmárcase no programa “O PSOE en pé de rúa: Lugolízate e decide como queres que sexa o teu barrio, parroquia e concello”, co que os socialistas lucenses recollen as demandas veciñais, tanto do rural como dos barrios da cidade, co fin de incorporalas ao programa electoral co que concorrerán aos comicios municipais do vindeiro 24 de maio.

O seguinte encontro de López Orozco cos veciños lucenses terá lugar hoxe as nove da noite, no Telecentro de Santa María de Bóveda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com