Candia ve ao PSOE “desnortado” e “abrumado” pola xestión dos Gobernos do PP

A presidenta do Partido Popular Provincial, Elena Candia, acompañada do secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado, presidiu hoxe a reunión da Xunta Directiva Provincial na que fixo unha análise da situación política lucense. Neste senso, e ante o suceder dos feitos dos últimos días, a dirixente dos populares na provincia ve ao
PSOE “desnortado” e “abrumado” pola xestión dos Gobernos do Partido Popular.

Referiuse así ás manifestacións de distintos socialistas, realizadas hoxe e nos últilmos días, ante o anuncio con orzamento e prazos concretos da conexión ferroviaria de Lugo con Ourense e logo de que se aprobase no Consello de Administración devolver ao Pleno as competencias para retirar a condición de órgano propio a SUPLUSA. Con esta valoración, Elena Candia comezou a reunión da Xunta Directiva, na que, ademais de afiliados, participaron distintos cargos orgánicos do Partido, engadindo que “creo que o acontecido vén a demostrar que somos a única forza política que trae investimentos para Lugo e esta provincia, e lle dá coherencia e sentido común ás administracións nas que gobernan”; tal é así que, e a modo de exemplo, lembrou que o Concello da capital, a pesares de ter a documentación, segundo adiantou o ministro de Fomento o pasado luns, “aínda non foi quen de darlle o visto e prace para que se poida asinar o ansiado convenio da Intermodal”.

Por outra banda, lamentou que, “tanto o deputado no Parlamento de Galicia como o secretario Xeral do PSdeG viñesen a Lugo para non dicir nada e, no caso do segundo, só para pasear, cando ten bastantes asuntos que solucionar e que son bastante máis importantes que deixarse ver por aquí”. Neste senso, calificou de “auténtica barbaridade”, que este último situase a Lugo como exemplo de xestión en Galicia, sobre todo, apuntou “cando todos sabemos que ao mandato da alcaldesa lle queda un ano e polo único que se coñece é por beirarrúas en mal estado, zonas casi intransitables pola maleza ou facturas impagadas. E se nos fixamos na Deputación, é porque son incapaces  de gobernar esta intitución debido aos líos internos nos que levan inmersos dende 2015”, remarcou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com