Deputación, Concello de Lugo e Fundación Vicente Ferrer ofrecen un concerto solidario o 23 de maio na capital lucense, para a construción de 4 casas adaptadas no pobo de Chapiri, pertencente á rexión de Kalyandurg, na India. Todo o diñeiro recadado coas entradas empregarase para a fabricación de vivendas seguras, que conten coas condicións hixiénicas e de habitabilidade óptimas, que darán aloxamento a familias en situación de vulnerabilidade, nunha das zonas máis pobres e necesitadas da India. Esta iniciativa enmárcase dentro da aposta conxunta de Deputación e Concello de Lugo de traballar co tecido asociativo lucense para mellorar a calidade de vida das persoas, neste caso, garantir o dereito a unha vivenda digna.
O concerto terá lugar ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Na audición participarán a soprano, Noemí Mazoy; a acordeonista, Valery Zviarzhevich; o pianista, Germán Barrio; e a violonchelista, Cristina Nogueira Pérez.
As entradas teñen un prezo de 10 euros e pódense mercar nos seguintes comercios da cidade de Lugo: Pazo de la Maza, Opticalia da praza maior, Café del Centro, Portal 36. Tamén están dispoñibles a través de https://entradas.ataquilla.com. Tamén se pode facer un donativo á fila cero en La Caixa ES30 2100 3331 9622 0009 6273, co concepto concerto Lugo.