A Delegación Territorial da Xunta acolle dende hoxe e ata o vindeiro día 19 a exposición ‘Como ser auténtic@s superhéroes’, organizada por Manos Unidas e que poderá visitarse de luns a venres en horario de mañá e tarde.
A mostra foi inaugurada polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, Alberto Linares, e a coordinadora María Jesús Fernández Paredes, con asistencia da vicepresidenta de Manos Unidas en Lugo, Pilar Cadahía Arias, e a secretaria, Berta López Pita, entre outros.
A mostra está especialmente orientada aos adolescentes, rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos aproximadamente, para que comprendan que todos poden actuar como auténticos superheroes se están atentos ás inxustizas sociais e dispostos a combatelas.
Dun xeito lúdico e interactivo, os mozos e mozas deberán superar as probas requiridas da “Academia de superheroes de Jotam”, e demostrar que, ao igual que Pepo, o personaxe central da exposición, saben escoitar, din sempre a verdade, son capaces de poñerse na pel dos demais e teñen a forza necesaria para axudar a quen o necesita.
Tanto os responsables de Manos Unidas como o xefe territorial de Traballo, expresaron o seu desexo de que os escolares de Lugo se acheguen a ver a exposición, que encontrarán divertida ao tempo que invita a reflexionar sobre importantes cuestións como a desigualdade, a empatía ou a solidariedade.