Investigados en Sarria e Palas de Rei por sendos furtos nunha granxa e un supermecado

A Garda Civil vén de imputar en calidade de investigados a tres homes, un do Bolo (Ourense) e outros dous, veciños de Quiroga, por sendos furtos en Sarria e Cacabelos.

O veciño do Bolo, de 37 anos, está sendo investigado por un delito de  danos e furto de material nunha granxa de gando porcino. A persoa investigada foi posta a disposición do Xulgado de primeira Instancia de Sarria.

Por outra banda, os dous homes quirogueses, de 30 e 26 anos de idade, están a ser investigados en Palas de Rei como presuntos autores dun delito de furto e ameazas no interior dun supermercado situado na localidade leonesa de Cacabelos os días 6 e 9 de abril, así como en días posteriores, emitindo insultos e ameazas aos traballadores da superficie comercial. As persoas investigadas foron postas a disposición da Autoridade Xudicial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com