Unha rexión belga, interesada no tecido empresarial lucense

O conselleiro delegado da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Eduardo Valín e o presidente da Cámara de Comercio de Lugo, Xabier Díaz, recibiron hoxe na cidade das Murallas a Didier Denayer, representante da rexión de Valonia na Embaixada de Bélxica en España, así como conselleiro económico e comercial nesta entidade.

Denayer está a percorrer Galicia para coñecer de preto o tecido empresarial e as posibilidades económicas da Comunidade, así como para establecer contactos co obxectivo de intensificar as relacións económicas e comerciais entre a rexión que representa e Galicia.

No caso concreto de Lugo, Denayer interesouse polas posibilidades de sectores económicos concretos como o agroalimentario ou o turístico e manifestou, así mesmo, o interese da rexión valona por actuar como plataforma loxística para as empresas da provincia en Europa. Comparte, neste sentido, a preocupación dos empresarios lucenses, que Valín e Díaz trasladáronlle na reunión de hoxe, por garantir e axilizar a conexión de Galicia co resto dos países europeos a través da fachada Atlántica.

Finalmente, Denayer tamén manifestou a súa sorpresa por atoparse en Lugo cun monumento Patrimonio da Humanidade como a Muralla Romana, cuxa existencia descoñecía, e destacou o potencial turístico da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com