O PP presenta unha moción para honrar á vítimas do terrorismo ante o fin da ETA

O Grupo popular defenderá, no vindeiro pleno ordinario do Concello de Lugo, unha proposición para manter viva a lembranza das vítimas do terrorismo. O acordo de pleno que se debaterá contempla dez puntos entre eles destaca o compromiso na loita contra o que ETA significou e contra o que se intentou levar a cabo. Os populares queren que se vele “por un relato veraz e democrático, porque é a mellor garantía de que nada deso volva a suceder”.

Dende o Grupo Popular tamén reclaman” trasladar a gratitude a todas aquelas institucións, entidades cívicas e persoas que se implicaron na loita contra a banda terrorista”. Outro punto desta iniciativa é trasladar “un agradecemento expreso aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado así como a todas as organizacións que durante anos defenderon a dignidade das vítimas do terrorismo”.

Outro aspecto desta proposición é relativo a “solicitar que se continúen investigando os crímenes de ETA, xa que case 300 asesinatos ainda non foron xulgados e, nese senso, se esixe que os delictos polo terrorismo de ETA se sigan xulgando, condenando e se procede que as condenas se cumpran sen impunidade”.

Tamén solicitan sumarse á iniciativa de “amosar o lazo azul como símbolo da loita contra ETA e o compromiso permante coas vítimas do terrorismo”. Os populares queren que esta iniciativa sirva para que “todos os partidos políticos manteñan a unidade do Pacto Antiterroristas xa que entenden que todas as formacións políticas deben permanecer unidas fronte aos asasinos e os seus cómplices”.

Por último pedimos ao Goberno de España que “exprese o agradecemento da cidadanía a Francia e ao resto de países da Unión Europea polo seu compromiso e colaboración, que nos permitiu derrotar a ETA”. Os populares agardan que o goberno local “teña unha especial sensibilidade con este asunto e que non tomen esta cuestión á lixeira” recriminando ao goberno socialista que ainda non haxa no municipio de Lugo un espazo público para homenaxear ás “Vítimas do Terrorismo”.

Ameijide lembraba como hai unha moción de xuño de 2008 de autoría do Partido Popular, que foi aprobada por unanimidade, para colocar unha peza escultórica ou similar e unha placa co nome das vítimas lucenses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com