O BNG reclama máis aparcadoiros na zona de Fontiñas

O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, valorou que a alcaldesa de Lugo poña en marcha a creación de aparcadoiros disuasorios na cidade “pero a proposta queda coxa” e explicou que “cos aparcadoiros anunciados non se resolve o problema de Fontiñas”. O voceiro do BNG-Asembleas Abertas sinalou que “os terreos que neste momento están baleiros no entorno do Fontiñas sumarían uns 5.600 metros cadrados e esto podería supoñer a creación dunhas 250 prazas para vehículos e resolverían o problema de estacionamento nesta zona saturada da cidade” asegurou Arroxo”.

O voceiro do BNG-AA explicou que se poden establecer posibles ubicacións para resolver os problemas de aparcamento que sumarían un total de 6.600 metros cadrados. Un dos terreos máis próximos ao centro da cidade estaría situados, un na esquina de Fontiñas co Carril de Caiños. Rubén Arroxo lembrou que este espazo xa funcionou como aparcadoiro mentres se fixeron, en outro momento, obras en Fontiñas. O outro grande aparcadoiro daría solución aos problemas de tráfico na zona dos conservatorios de música e danza e ocuparían máis de 4.000 metros cadrados na intersección da ronda Xosé Castiñeira coa rúa Xesús Bal e Gai.

Rubén Arroxo lembrou que o pleno da corporación lucense xa aprobou, no se momento, unha iniciativa do BNG – Asembleas Abertas para buscar un uso social aos terreos baleiros que están situados no casco urbano da cidade. Un dos usos propostos na iniciativa dos nacionalistas era o de crear aparcadoiros gratuítos que servisen como aparcamentos disuasorios para evitar a masificación de vehículos nas rúas da cidade.

Arroxo explicou sobre os predios propostos “non son máis que exemplos para que o goberno municipal vexa como se poden iniciar conversas con propietarios concretos e empezar a dar solución a problemas reais que ten esta cidade” e engadiu “trátase de facer pequenos investimentos na adecuación dos terreos para que se poidan usar como aparcadoiros mentres os seus donos non deciden darlles uso e que no momento en que os reclamen queden libres se maior problema”. Arroxo sinalou que creando estas 250 prazas de aparcamento gratuíto o problema de aparcamento en Fontiñas quedaría practicamente resolto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com