‘Clan!’ chega ao Gustavo Freire para facer as delicias dos máis novos da casa

Tras o éxito acadado coa súa anterior xira por España, Clan despídese cun renovado espectáculo cheo de cancións, aventuras, diversión e moitas sorpresas, e todo iso “en Vivo!”, no Auditorio Gustavo Freire en dúas únicas funcións, o día 22 de setembro ás 17.00 e as 19.30 horas.

Para iso, a productora rediseñou todo o seu espazo escénico, convertíndoo nun colorista plató de televisión onde se desenrolarán catro actos teatrales e un espectacular e fulgurante happening  final chego de colorido, nun show de 90 minutos para nenos dende os 3 anos.

Clan renovou o seu espectáculo e o elenco artístico, incorporando un xurado moi especial formado polos Lunnis, coa función de animadores que irrumpirán en escea e se moverán polo patio de butacas interactuando con nenos e pais en moitos momentos da función.

As personaxes favoritas dos máis pequenos da casa demostrarán todo o seu talento para cautivar a un xurado moi divertido pero, non por iso, menos esixente. Entre o elenco, os pequenos poderán ver aos Octonautas, os Osos Amorosos, Caillou e Pocoyó.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com