Lugonovo lamenta a falta de interese do goberno por mellorar a imaxe da cidade

“Unha lástima que o goberno desista ás primeira de cambio e renuncie a mellorar a estética urbana no canto de buscar alternativas”; esa é a crítica que fai a portavoz de Lugonovo ao coñecer, durante a Comisión de Desenvolvemento Sostible celebrada esta mañá, que a Dirección Xeral de Patrimonio denegou a proposta municipal para intervir na medianeira do edificio 133 da Ronda da Muralla e que o executivo “optou por acatar a decisión, sen molestarse o máis mínimo en atopar outra solución que corrixa a fealdade reflictida polo inmoble”.

A formación advertira hai algunhas semanas que no pasado Pleno de febreiro de 2016, a propia alcaldesa falou, no transcurso da sesión, dunha inminente acción artística sobre esta vivenda. Transcorrido todo este tempo, e ante a falta de materialización, o Grupo Municipal preguntaba hoxe cales foran os impedimentos que imposibilitaron executala.

“Parece evidente que consideran que é mellor deixar a fachada inacabada como está, que esforzarse na posibilidade de levar a cabo outro tipo de actuación que se axuste ás directrices marcadas pola Xunta e que non son máis que limitarse a empregar unha determinada carta de cores, á que non se axustaba o proxecto presentado inicialmente pola administración local”, sinala Cristina Pérez Herráiz, quen propón a convocatoria dun concurso de ideas axustado aos requirimientos autonómicos, non só para esta construción senón tamén para outras que se atopen nun estado similar.

A voceira cre que o compromiso do executivo coa conservación do parque inmobiliario é “mais ben escaso”. “Non temos máis que avaliar o en conta que tiveron a cantidade de iniciativas achegadas polo resto de grupos da Corporación para exornar o aspecto do concello: seguen todas no caixón do esquecemento aínda que non implicaran dispoñer de orzamento. Véxase a famosa ordenanza de publicidade exterior sen a cal semella imposible paliar a imaxe ruinosa de moitos inmobles e soares da capital ou a creación dun rexistro específico no que se contemplen os expedientes que esixen dunha resolución máis urxente”, conclúe Pérez Herráiz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com