Dous accidentes rexistrados en Pol e A Pastoriza deixan tres persoas feridas

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta madrugada a tres persoas que resultaron feridas en dous accidentes rexistrados en Pol e na Pastoriza. En ambos os dous sinistros foi necesario o emprego dos equipos de excarceración para liberar a dúas persoas.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o primeiro sinistro produciuse ás 5:45 horas de hoxe en Pol, concretamente no lugar de Chaín, onde un vehículo con dous ocupantes a bordo saíuse da vía e unha das persoas necesitou a axuda dos servizos de emerxencia para liberar unha man que tiña atrapada debaixo do turismo. Finalmente, ambos os dous feridos foron evacuados nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.

Ademais do equipo médico, acudiron ao lugar do sinistro os axentes da Garda Civil,  bombeiros de Vilalba e os voluntarios de Protección Civil de Pol, que axudaron a liberar ao ocupante atrapado.

Uns minutos despois, pasadas as seis da madrugada, outro vehículo accidentouse na N-640, quilómetro 60, na Pastoriza. No interior do coche, atoparon a unha persoa atrapada e inconsciente. Así, acudiron os bombeiros de Vilalba para rescatar ao ferido, que finalmente foi trasladado por un equipo médico do 061-Urxencias Sanitarias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com