A banda de folk galego, Brath, continua o seu periplo hacia Moscova (Rusia) onde actuará, como único representante do Estado Español no Euroradio Folk Festival 2018, escollido polo xurado de RNE.
Dende Xornal de Lugo, seguimos a súa viaxe día a día. Onte, o grupo chegaba a Madrid para coller hoxe un avión destino a Moscova onde farán gozar a xente de toda Europa dos seus orixinais sons que misturan o folk máis tradicional galego con instrumentos típicos de estilos como o rock.