En Marea reclamará un centro de atención TEA para Lugo

Integrantes de En Marea e Lugonovo reuníronse con representantes das asociacións Raiolas e Capaces para coñecer as carencias da provincia en atención a persoas con TEA  (transtornos do espectro autista). Na reunión alcanzáronse algunhas conclusións sobre a falta de recuros para a atención deste tipo de transtornos nesta provincia. Lugo é unha das dúas provincias do Estado que carece de centros para proporcionar esta atención.

Dende 2015 a Asociación Raiolas leva agardando para que se soluciones as trabas administrativas para a posta en marcha  dun centro de día que permita atender ás persoas adultas con TEA na cidade de Lugo. En Marea pedirá un centro de estas características para a cidade, un centro con xestión autonómica, que cambie a actual situación na que as persoas que padecen estes transtornos teñen que ser atendidos noutra provincia.

Segundo as integrantes das asociacións que participaron na reunión con En Marea, o ideal para estos casos é que na provincia de Lugo exista un centro integral de tratamento para todas as persoas adultas con TEA que o precisen, centro no que se poida ofrecer terapias e programas de inserción ao emprego adaptadas a cada persoa. de maneira que cada persoa poida ter os recursos que precise para o seu proxecto de vida autónoma.

Ademais da necesidade deste centro para persoas con TEA é necesario reforzar a formación do profesorado – incluído o persoal das escolas infantís -, para que teña formación na atención na aula ao alumnado con TEA. Neste mesmo sentido, é de importancia que o persoal médico pediátrico e o persoal de atención primaria para favorecer as posibilidades dun diagnóstico precoz. Por outra parte, tamén se considera necesaria unha coordinación entre os servizos sociais, Educación e Sanidade e sumarlle a isto as especilidades necesarias do Equipo de orientación específico de Lugo. No sanitario tamén se deixan sentir carencias na unidade de atención temperá do HULA, na que se rexistran listas de agarda para este tipo de atención e que precisa unha traballadora social específica.

Dende as asociacións piden a posta en marcha de programas para facilitar a integración no mundo laboral das persoas con TEA e para adaptación dos postos de traballo ás súas necesidades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com