A Deputación promove a X Festa de Xogos Tradicionais de Muimenta

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, presentou esta mañá a X Festa de Xogos Tradicionais que organiza a Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta (Xotramu) e que terá lugar o 2 de xuño no recinto feira Manuel Vila no Concello de Muimenta, e que contará con máis de 100 xogos. Fíxoo xunto aos membros de Xotramu: Sofía Rodríguez, Xosé Darriba Pérez e Rosa Morán; que realizaron exhibicións de varios xogos populares. O organismo provincial colabora con Xotramu coa promoción e difusión deste evento cultural e turístico pola provincia de Lugo, no que se esperan uns 500 visitantes.

Vidal Baamonde apuntou que “dende o Goberno da Deputación, colaboramos con este tipo de iniciativas coas que, ademais de ofrecer unha xornada lúdica aos veciños, impulsamos a economía local, xa que se espera que durante a xornada se acheguen preto de medio milleiro de persoas non só do Concello, senón de toda a zona”.

O Deputado subliñou tamén “o grande labor dos membros de Xotramu, que ano a ano traballan arreo para conseguir que centos de persoas se acheguen a Muimenta a participar nestes xogos, cos que se fomenta a identidade propia que temos como país, promovendo e preservando os aspectos máis tradicionais da nosa cultura popular”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com