O PP critica que a “rabieta” da alcaldesa vai deixar baleira a Tinería

O Partido Popular criticaba duramente hoxe as condicións coas que salen a aluguer os locais do Instituto Galego de Vivenda e Solo que o Concello adquiriu neste réxime na Tinería. Antonio Ameijide falaba así despois de coñecer as condicións pactadas polos socialistas na xunta de goberno local para acceder aos locais nos que a rexedora anunciou que quería facer un viveiro de empresas. O voceiro popular asegura que a alcaldesa condena aos locais  a estar sen actividade xa que as condicións que presentan “non son asumibles” para calquer emprendedor.

Para o popular “non se pode entender” que os socialistas impoñan que as persoas que accedan a estes locais teñan que asumir o acondicionamento do local, “unha inversión imposible” para calquer emprendedor. Unha circunstancia que se reflicte no informe xustificativo da renda elaborado pola técnica de desenvolvemento local. Nese informe asegúrase que “os baixos que se ofertan non están acondicionados, precisando de instalación de chan, baños, electricidade… Isto, sen dúbida vai ser un elemento disuasorio para moitos dos/as interesados/as, que deben de dispoñer de recursos económicos para acondicionar estes locais e facelos atractivos para a súa explotación comercial”.

Un gasto que todos os adxudicatarios de locais teñen que asumir “practicamente a fondo perdido” xa que aos catro anos terán que abandonar os locais, porque nas bases “non hai posibilidade de prórroga”. Segundo os prezos actuais no mercado, o custe medio para acondicionar un local comercial se sitúa nos 500€/m2, polo que os custes de acondicionamento se incrementan en función do local do que se trate.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com