Unha muller duns oitenta anos precipitouse a primeira hora desta mañá do alto do adarve da Muralla, á altura da Porta do Carme tendo que ser evacuada de urxencia ao HULA en estado moi grave.
Algunhas testemuñas afirman que a muller arroxouse pola súa propia vontade aínda que todavía non están aclaradas as circunstancias do suceso. Polo momento, a Policía Nacional está a investigar os feitos.