Santos Ramos: “Hoxe é un día de esperanza para España”

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, destacou tras a aprobación da moción de censura que “desaloxou ao Partido Popular condenado por corrupción do Goberno Central”, asumindo a Presidencia do Estado o socialista Pedro Sánchez que: “hoxe é un día de esperanza e de oportunidade para España”.

Santos Ramos, que felicitou e trasladou “todo o apoio” a Pedro Sánchez, destacou que “o que pasou neste tempo é terrible, pois quedou constatado que a corrupción gobernaba a principal institución no país. O PSOE sobou asumir con responsabilidade o papel que lle tocaba e dignificou o Congreso dos Deputados e o debate político, conseguindo que todos os grupos políticos expuxen en público o acontecido nos últimos tempos”.

“É moi importante desaloxar ao Partido Popular do Goberno Central, non pola súa ideoloxía, que por suposto non compartimos, senón pola súa maneira de actuar. É unha cuestión de hixiene política e institucional que nos dá credibilidade como país, pois non pode estar no Executivo do Estado, nin en ningún, un partido que está instalado nunha corrupción sistemática”.

“Estamos nun momento de máxima responsabilidade e de oportunidade para devolver a dignidade á política. Agora temos que estabilizar a institución e, o máis importante, erradicar calquera dúbida de corrupción. O Partido Socialista ten unha responsabilidade moi grande, eliminar esas prácticas da política. E vai facelo nunha coxuntura moi difícil, pois ninguén é alleo á aritmética e ao clima parlamentario. Pero o paso máis importante está dado. Agora necesítase unha rexeneración a todos os niveis institucionais e moita pedagoxía”.

“Politicamente necesitamos cambios lexislativos como por exemplo a reforma laboral, que non xerou máis emprego nin mellor senón que o precarizou, ou a Lei Mordaza. A nivel orzamentario penso que non ten unha transcendencia capital porque o noso Secretario Xeral e Presidente do Goberno avanzou que se mantería o PXE para 2018. Cuestión que é lóxica porque estamos no mes de xuño e a súa retirada suporía comezar de novo a súa tramitación, feito que suporía non telo aprobado ata outubro ou novembro, non tendo tempo a executar nada. Nós tentaremos que se incorporen investimentos para a nosa provincia, pois o PP deixou fóra moitos proxectos”.

“O que está claro é que hoxe co Partido Socialista no Goberno Central comeza un cambio político que vai a beneficiar a todo o Estado, á nosa provincia, pois é absolutamente imposible que nos fose peor e estar máis prexudicados que co Partido Popular”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com