A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentar‡ a temporada de outono dos Trens tur’sticos de Galicia e far‡ balance da campa–a estival. Estar‡ acompa–ada do xerente da çrea comercial e o Servizo de atenci—n ao cliente de Renfe, Javier D’az Trisac, e do presidente do Instituto Ourens‡n de Desenvolvemento Econ—mico (Inorde), Rosendo Fern‡ndez.

Nava Castro salienta o papel da D.O. Ribeira Sacra no impulso do enoturismo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe a adega Vía Romana, da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, dentro das actividades programadas na última fin de semana das VII Xornadas de Portas Abertas das
Rutas dos Viños de Galicia, que se están a celebrar nesta D.O e nas de Monterrei e Valdeorras coa colaboración das rutas dos viños da Comunidade e o impulso de Turismo de Galicia, que inviste máis de 230.000 euros para a promoción destes itinerarios ata o 2021.

Coa súa presenza, Nava Castro puxo en valor o papel que esta Denominación de Orixe vitivinícola está a ter á hora de impulsar o potencial enoturístico do interior de Lugo. De feito, o xeodestino da Ribeira Sacra foi un dos que medrou máis intensamente o ano pasado en eidos como o do turismo rural, cun incremento do 31% na súa demanda neste segmento.

Ademais desta actividade, unha decena de adegas da Ribeira Sacra abren as súas portas para celebrar visitas guiadas e catas durante esta fin de semana. O Bus do Viño conecta Ourense, Monforte de Lemos e Lugo con esta Denominación de Orixe e tamén se inclúen propostas como rutas do románico, actividades de enoturismo e oleoturismo e mesmo paseos en catamarán. As xornadas de portas abertas tamén se están a celebrar ata mañá domingo, na Denominación de Orixe de Monterrei e de Valdeorras, na provincia de Ourense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com