Lugo cambia plantas por vidro no Día Mundial do Medio Ambiente

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecovidrio, celebraron esta mañá o Día Mundial do Medio Ambiente intercambiando aos cidadáns unha planta natural por vidro. Esta é unha iniciativa de
sensibilización para conmemorar esta efeméride a prol do medio ambiente.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández, participaron esta mañá nesta acción na cidade de Lugo, dentro dunha campaña que ten por finalidade concienciar aos participantes no correcto tratamento dos envases de vidro.

A carpa, instalada na Praza Maior, conta cos dous monitores especializados en medio ambiente, que animarán aos viandantes a reciclar vidro nun iglú instalado para a ocasión na praza. Todas aquelas persoas que colaboren coa iniciativa recibirán a cambio unha planta de temporada.

A directora xeral recordou que no ano 1972 celebrouse en Estocolmo a primeira gran conferencia con cuestións relativas ao medio ambiente, baixo os auspicios de Nacións Unidas. A partir desta iniciativa, a Asemblea de Nación Unidas designa o 5 de xuño como o día Mundial do Medio Ambiente, para que se realicen actividades mundiais que reafirmen a preocupación pola protección e mellora do medio ambiente.

Nese sentido, a directora recordou que recentemente se presentou o balance de 2017 sobre as cifra de reciclaxe de vidro en Galicia, período no que os galegos reciclaron máis de 43.000 toneladas de vidro, un aumento do 5,5 por centro respecto ao ano anterior. Este dato supón o maior incremento da recollida selectiva a través do contedor verde dos últimos cinco anos e sitúa a Galicia xa na media española e nunha boa posición respecto á europea. Á vista dos datos, cada galego reciclou 16,1 kg de residuos de envases de vidro, un quilo más que no ano anterior, cando a media se situou por riba dos 15 quilos.

En canto aos resultados por provincias, nas catro detectouse un incremento respecto dos datos de 2016, sendo un ano máis a provincia da Coruña a única que supera a media galega e a que máis recicla, cun promedio de 17,1 kg/hab, sendo Lugo a que menos, con 14,4 kg/hab.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com