Xesús Mato, Medalla Castelao 2018

Xesús Mato Mato, nado en Paradela,  crego, profesor de relixión, filosofía e música, fundou a Polifónica de Lalín e Radio Popular de Lalín, a través da cal lle deu voz ao rural galego. Creador e primeiro coordinador de Auxilia Lugo, unha asociación que traballa a prol da integración social e cultural das persoas con discapacidade. Cofundador do grupo folk Fuxan os Ventos, que levou ao máis alto a música galega. O seu amor polo rural levouno a, en 1983, pedir destino nas montañas do Cebreiro, encargándose de seis parroquias durante máis de 25 anos ata a súa xubilación.

Foille recoñecido o seu traballo e servizo aos demais con premios como: Lucense do ano (1991), Premio Moncho Valcarce (1998) ou o Premio de Cultura Tradicional María Castaña. E esta maña a Xunta de Galicia aprobou concederlle a Medalla Castelao 2018.

A distinción propúxoa o  Orfeón Lucense ao Concello de Paradela, e este acordou por unanimidade solicitala á Xunta de Galicia. De inmediato comezaron a chegar adhesións a esta petición, que chegaron a un total de 2.157, das que 258 correspondían a entidades, asociacións, organismos e empresas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com