O Concello de Lugo publicou esta mañá as listas definitivas de nenos e nenas admitidas no vindeiro curso 2018/2019 para prazas de novo ingreso nas escolas infantís, creadas e mantidas polo Concello de Lugo: Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburguer; así como as listaxes de espera e desestimados e desestimadas.
Todas as persoas interesadas poden consultar estas listas no Taboleiro de Edictos do Concello, na área de Educación, situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, nas propias escolas infantís e no Servizo de Atención Cidadá 010. O prazo para formalizar a matrícula é do 11 ao 22 de xuño, na escola na que os cativos e cativas teñan praza.