Moito traballo por diante para un Emilio Viqueira experimentado

O santiagués, nado o 20 de setembro do 1974, firma polo Club Deportivo Lugo polas próximas catro tempadas. Con este contrato, o ex futbolista busca regresar a súa terra despois de probar sorte nas secretarías técnicas do Xerez ou Nàstic de Tarragona.
Tras unha intensa semana na que Tino Saqués baraxou diversos nomes para ocupar o cargo, o presidente do club apostou por Emilio Viqueira, firmándolle un contrato de catro cursos que demostra que o Lugo quere atopar a estabilidade. Agora, Emilio Viqueira terá que traballar arreo na confección da plantilla para a vindeira campaña. Malia ter un plantel con dezaoito xogadores con contrato en vigor (Juan Carlos, Cacharrón, Leuko, Kravets, Josete, Bernardo, Luis Ruiz, Campabadal, Pedro, José Carlos, Pita, Seoane, Campillo, Azeez, Sergio Gil, Iriome, Cristian Herrera
y Escriche) e tamen engadindo a Hugo Rama, fichado esta tempada e cedido ao Cerceda, e a Guille Donoso e Yelko Pino, ambos cedidos a Ponferradina.
En canto a baixas, Viqueira non contará con Roberto, que anunciou a súa retirada e podería acompañar a Emilio na secretaría técnica ou situarse como adestrador de porteiros do Lugo. Tampouco contará con tres xogadores que rematan a relación contractual co conxunto albivermello (Fede Vico, Mario Barco e Carmona), nin tampouco con sete xogadores que conclúen a súa cesión en Lugo (Luis Muñoz, Lemos, Jaime Romero, Albarracín, Polaco, Sergio Díaz e Chuli). No momento no que entra o ex do Nàstic a rexir a parcela deportiva, atópase con un plantel de dezaito xogadores nos que floxea a línea do medio e de arriba, acompañado pola falta dun adestrador. Fai semanas, soaba con forza o nome de Curro Torres para sentarse no banco do Anxo Carro na próxima campaña, ainda que con Viqueira poden cambiar as tornas.

Situación dos cedidos
En esta parcela, o Club Deportivo Lugo conta con seis xogadores cedidos esta tempada en outros clubs. Todos eles, militaron en equipos de Segunda B. Dous deles, acadaron a permanencia na última xornada e outros tres descenderon co seu respectivo equipo a Terceira División. Yelko Pino, disputou seis encontros na Segunda B coa Ponferradina e tres coa Cultural Deportiva Leonesa en Segunda División mentres que Guille Donoso xogou quince partidos e aportou tres goles no conxunto do Bierzo. O Cerceda, pecha cancelas do Grupo 1 da Segunda División B, tivo en préstamo a tres xogadores da entidade albivermella. Hugo Rama, xogou trinta e seis partidos, Pedrosa, trinta e tres encontros
anotando seis goles e Keko vintecatro.

Adestrador

Coa marcha de Francisco, o corpo técnico do CD Lugo queda baixo mínimos. En estes intres, só catro terían a continuidade case asegurada. Kiko Corredoira (preparador físico), Alberto Tojo (Fisio), Koke (Fisio) e Antón Eire (Readaptador), son os homes que xa acompañaron a Luis César e levan anos no corpo técnico do club. Sen embargo,
igual que Francisco, Jaime Ramos, Sergio Pardo e José Ortega non continuarán e acompañarán o preparador almeriense na súa vindeira etapa deportiva. Por outro bando, Javi Roda ainda non conversou co club para seguir adestrando aos porteiros a próxima campaña e o analista, Gorgo López podría ir con Víctor Moreno (ex director deportivo) o Alavés.
Polo tanto, e vendo como está a día de hoxe estructurado o corpo técnico, Viqueira terá que traballar para cubrir todos os ocos, aínda que o adestrador tamén os pode completar vindo acompañado do seu equipo técnico.

Certo é que soaron moitos directores deportivos nos derradeiros días. Aínda así, Saqués aposta forte por Viqueira, que asina por catro anos, e o galego, coa morriña de voltar a casa, seguro que tamén apostará forte polo equipo albivermello, que loitará o próximo curso na Liga 1|2|3.

Fernando Currás Rivera.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com