O Concello saca 12 novas prazas de funcionario e persoal laboral

O Concello de Lugo vén de publicar no Boletín Oficial do Estado as bases que rexirán a convocatoria de 12 novas prazas de funcionario e persoal laboral municipal. As vacantes para os postos de funcionariado se dividen en catro prazas de quenda libre, dúas reservadas para promoción interna e outras dúas en quenda libre para persoas con diversidade funcional. Asemade, haberá unha praza de funcionariado en consolidación de emprego temporal.

Doutra banda, o Concello sacará a concurso- oposición tres prazas de persoal laboral, unha en quenda libre e dous temporais.

Unha vez concluído o prazo de presentación de solicitudes, vinte días contados dende mañá, o Concello elaborará unha lista provisional de admitidos, abrirá un período de reclamacións para seguidamente publicar unha lista definitiva, constituír o tribunal e convocar os exames. Con esta convocatoria de emprego, o Goberno avanza no preciso reforzo da plantilla de persoal municipal para unha mellor e máis eficiente prestación de servizos públicos á cidadanía.

Postos vacantes en funcionariado

Axente de Emprego e Desenvolvemento Local; pertencente ao Grupo A (Subgrupo A1) acceso mediante o sistema de oposición, en quenda libre; Praza de técnico medio de xestión da Área Económica, do Grupo A (Subgrupo A2), en quenda de consolidación de emprego temporal ao que se accederá mediante o sistema de concurso-oposición.

Unha praza de Técnico Medio de Xestión do Grupo A (Subgrupo A2); mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna. Dúas prazas de Educador Social, pertencentes ao Grupo A (Subgrupo A2)ao que se accederá mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de Delineante do Grupo C (Subgrupo C1) mediante o sistema de oposición, en quenda libre. Una praza de Oficial Lector de Contadores tamén do Grupo C (Subgrupo C2); ao que se accederá por sistema de oposición, en quenda libre e reservada a persoas con diversidade funcional.

Unha praza de Oficial Sepultureiro pertencente ao Grupo C (Subgrupo C2), con acceso mediante o sistema de concurso- oposición, en quenda de promoción interna; e unha praza de Celador de colexio público pertencente á escala de Administración Especial con acceso a través do sistema de oposición, en quenda libre, reservada a persoas con diversidade funcional

Persoal laboral
Unha praza de Oficial Albanel cun nivel de titulación esixido de Graduado Escolar, graduado en ESO ou equivalente ao que se accede mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de Peón especialista para a que se esixe nivel de titulación de Certificado de Escolaridade; e ao que se accede mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de consolidación de emprego temporal. Unha praza de Auxiliar do Fogar con Certificado de Escolaridade; mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de consolidación de emprego temporal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com