Renda instará a Baamonde a pagar do seu peto a reposición do busto de Fraga

As reaccións ás declaracións do alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, relativas á “obriga” da reposición do busto de Fraga, non se fixeron esperar e foi o voceiro de Vilalba Aberta, o edil Modesto Renda, e a través dunhas declaracións de urxencia á prensa, o primeiro en se pronunciar.

Renda denuncia a opacidade coa que o Goberno Municipal está a manexou todo canto ten que ver coa restauración dun monolito que, ao seu xuízo, nunca debera correr a cargo da veciñanza, senón que debería ser íntegramente costeado co salario do rexedor. “Se alguén lle debe algo a Fraga en Vilalba ese é precisamente o Alcalde” declarou, reivindicando que foran os 50000 euros da “exclusiva dedicación” de Baamonde os que costearan o pagamento da nova peza.

Na mesma liña, cualificou de indignante que os cartos dos veciños se utilicen para pagar un “ornamento” que para o voceiro asembleario “incumpre a Lei De Memoria Histórica ao ter data de 1970”. É por isto, que defenderá de novo en Pleno o seu definitivo traslado ás depencias da Fundación. Unha proposta, que dende Vilalba Aberta xa levaron a sesión plenaria coincidindo coa desaparición do busto, da man tamén dunha pregunta ao Alcalde, co fin de coñeceren con exactitude o custo que a nese intre anunciada reparación lle suporía á veciñanza de Vilalba.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com