A folga da Xustiza provoca un aumento do 14,4 % dos asuntos xudiciais en trámite

A folga de funcionarios que traballan en Galicia para a Administración de Xustiza tivo importantes efectos na situación dos órganos xudiciais, segundo se desprende do informe publicado hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial.

O número de asuntos en trámite aumentou un 14,4 por cento, ao pasar de 127 803 a comezos de ano a 135 913 ao final do trimestre. Previsiblemente, o número de asuntos pendentes se incrementará máis cando os procedementos que aínda están sen repartir aos órganos xudiciais sexan xestionados polos servizos correspondentes. As sentenzas ditadas tamén diminuíron con respecto ao mesmo trimestre de 2017, un 31,6 %.

O número de asuntos ingresados no primeiro trimestre de 2018 na comunidade foi de 59 667, o que supón unha diminución do 28,1 por cento con respecto ao mesmo período do ano pasado. Do 1 de xaneiro ao 31 de marzo resolvéronse 51 042 casos, o que supón unha baixada do 41,2 por cento.

Ao final do trimestre quedaron 56 889 escritos pendentes de prover, deles 33 008 con máis de 30 días de antigüidade. Aparte dos asuntos non repartidos, había 19 320 asuntos pendentes de incoar, deles 10 397 eran civís. Os  sinalamentos celebrados reducíronse un 40,5 por cento con respecto ao primeiro trimestre de 2017.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com